Dúas grandes mulleres gañan os tres premios deste ano:
Ledicia Costas: premio MERLÍN, de literatura infantil pola obra O neno do lume, a fascinante historia de Morgan, un neno que, cando era un bebé, apareceu dentro dunha cesta xunto cunha enigmática nota: "Lédeme máis alá da néboa e búsquen na casa das tres irmáns e díganlle que son o neno do lume"
Berta Dávila: premio JULES VERNE, de literatura xuvenil, pola obra Un elefante na sala de estar, o relato que parte dun grupo de persoas que se ven afectadas por un suicidio intenta buscar o motivo ó tempo que se culpan e procuran o xeito de aceptalo... Diferentes voces, orixinalidade, sentimentos, contradicións, xiro final sorprendente.
Berta Dávila: premio XERAIS de novela, pola obra Os seres queridos, unha reflexión sobre a alienación, novela incómoda sobre a negación da muller como persoa dende o momento en que se converte en nai. As arestas controvertidas da maternidade, sensacións de culpa e arrepentimento, reflexións sobre a creación literaria, prosa precisa e emotiva...
Recordo a Darío Xoan Cabana, gañador en dúas ocasións, e ás súas palabras: "A literatura, a poesía, é a forma máis alta e depurada que asume a lingua".
Paga a pena ver o video da entrega de premios. Fermosísimas palabras de libros, imaxinación, contos, calidoscopios, fadas, recordos, golpes de luz, inventos marabillosos...
Ningún comentario:
Publicar un comentario