luns, 27 de setembro de 2021

Festival de cine de Ourense

 Aquí podes ver o programa.

O cartaz deste ano foi deseñado por un ourensán, un grande do deseño gráfico, David Rubín. 

 


Se che gusta esta creación súa, podes pasar pola biblioteca e levar un dos seus libros, coma este:



 O festival de cine de Ourense tamén abre ás súas portas á participación da xente nova. Máis de 1200 mozos e mozas presentaron a concurso os seus traballos audiovisuais. Hoxe entregáronse os premios do Certame de cine Ouff escola 2021. Estes foron os gañadores:


Infantil e Primaria:

  • 1ª  “Tiempos Modernos” do Colexio Galén de Lugo
  • 2º “Dona Landra no río revolto” do CEIP A Pedra de Bueu
  • 3ª “O meu barquiño” do CEIP Otero Novas de Cortegada
  • Guión: ”10 Euros” do CEIP O Couto  de Ourense
  • Mención Especial para CAD a Pobra da Pobra do Caramiñal pola calidade dos traballos presentados.

Outros Niveis de ensino non Univesitario:

  • 1º “Sálvora” do IES A Cachada de Boiro.
  • 2º “As derradeiras” do IES Praia Barraña de Boiro.
  • 3º “Fronteiras” do IES Xesús Taboada Chivite de Verín.
  • Guión: “Serendipia” do IES de Meaño, Pontevedra.

Se che gusta o cinema, quizais podías ir argallando o teu proxecto, buscando quen che axude (pregunta na biblioteca) e quizais o ano próximo ....


Ningún comentario:

Publicar un comentario