venres, 30 de xaneiro de 2026

Día da Paz

 Afora chían os paxariños e acompañan as palabras para a paz. Letra e música para construírmos un futuro mellor.









xoves, 25 de decembro de 2025

Afouteza fin de ano

 Rematamos o ano do centenario de Carmen Martín Gaite con esta versión libre radiofónica de Caperucita en Manhattan! Que marabilla! Miranfú!




sábado, 20 de decembro de 2025

Encontro con Pedro Feijoo

 Que sorte tivemos de poder charlar con este autor sobre a súa última novela, Onde nacen as bestas. 


E quen mellor que Edgar Basalo, veciño de Rebordechao e alumno de 4º da ESO para conversar con el, despois de coñecerse no tempo en que Pedro foi un veciño máis coa inteción de documentarse en inspirarse para a súa obra de ficción inspirada nalgúns acontecementos vencellados a este lugar.



Tamén acompañou Jesús Requejo, outro veciño, agora xa amigo do Pedro. 

Foi unha experiencia marabillosa: o autor, o proceso de creación, os lugares e feitos inspiradores, as experiencias vitais... 

Agora só nos falta visitar Rebordechao e outros lugares da Serra de S. Mamede, do val de Laza e do de Verín. Na primavera!

Por suposto, Pedro Feijoo, tamén nos adicou un exemplar do libro que gardaremos e prestaremos con agarimo!






martes, 9 de decembro de 2025

Ciencia en galego. Mateo e a densidade da auga

 Xa temos químico de confianza, Mateo Silva Conde!

 Hoxe ofrécenos a primeira entrega dos seus Experimentos entre nós

Que marabilla!