Acaban de chegar á nosa biblioteca os traballos de deseño+lecturas do C.L de lecturas en galego de 1º da ESO. Que marabilla este puzle poético de Mateo!
venres, 5 de xuño de 2026
martes, 26 de maio de 2026
Eclipse!
Preparándonos para a eclipse con Mateo!
E se che cadra de ir á Coruña, na Casa das Ciencias, podes ver unha fantástica exposición sobre as eclipses.
luns, 25 de maio de 2026
domingo, 17 de maio de 2026
Begoña Caamaño, Circe, Morgana...
Levamos tempo con actividades ao redor desta marabillosa muller que tiñamos inxustamente esquecida. Agora xa coñecemos a súa obra, o seu pensamento, o seu sentir! E dá para moito.
Durante toda a semana pasada a entrada do noso centro recibíanos con palabras de Begoña
E ademais o concurso sobre os Fíos de Begoña, preparado primorosamente por Nate e Elvira
mércores, 6 de maio de 2026
Mil cosas+ La sociedad del cansancio
Sesión de inquedanzas, reflexións e receitas par enfrontarmos esas Mil cousas da Sociedade do cansanzo na que nos afogamos.
Suxeitos de rendemento? Xoguetes do capitalismos feroz? Prometeos autolesivos? Como PARAR diante do ritmo frenético no que nos autoimpoñemos?
Polo menos se temos conciencia de que así non imos ben, haberá esperanza. Con AFOUTEZA!
luns, 4 de maio de 2026
Asasinato no muíño do cura
Hoxe o C.L. Afouteza xuntouse para "catar" o novo libro de Artantxa Portabales. E non puidemos saír con máis ganas de meterlle o dente! Que bo rato pasamos!
Ademais tamén catamos o marabilloso espazo dunha renovada librería das máis antigas de Ourense. Parabéns por ofrecernos un lugar tan fermoso para manter vivo o pracer de ler!

























