martes, 17 de marzo de 2026
domingo, 15 de marzo de 2026
sábado, 14 de marzo de 2026
Non é Flor dun Día
A nosa selecta do 8M lucía así de ben.
Moito traballo detrás desta actividade do Comando Otero Libre Diverso no que participou tamén a Biblioteca.
Xuntanza reivindicativa na Praza Maior de varios centros da cidade -12 de outubro, Couto, Laboral-. Cancións e danzas. Poesía e Música. Manifesto e reivindicacións.Todas a unha cunha flor na man!
domingo, 8 de marzo de 2026
8M Lisístrata
Teatro lido dunha versión abreviada de Lisístrata.
Carlota Paredes, Carlota Domínguez, Xiana A. de Paula e Lucía Domínguez, de 1º de Bacharelato. Moito que comentar desta obra de hai 2500 anos.
Letras Galegas 2026, Begoña Caamaño
O día da muller empezamos a actividade ao redor desta extraordinaria escritora, xornalista, traballadora!
O Consello da Cultura Galega no seu Album de Galicia incluíu un feixe de materiais que nos van abrir a fiestra da súa persoa. Comezamos!
domingo, 1 de marzo de 2026
Rosalía con caldo de gloria
Cantas ideas para celebrar un día tan sinalado.
O departamento de Galego, o de Dinamización da Lingua Galega, a B.E., o marabilloso alumnado que colabora no que lle pidan... Todas a unha con Rosalía!
xoves, 26 de febreiro de 2026
Linguas, linguas e máis linguas!
Celebramos o Día da lingua materna dándolle voz a todas as que temos preto. E son moitas! Grazas por compartir esta cousa bonita!
Medren as linguas!


























