Esta foi a lectura escollida polos membros do Club de lectura das máis cativas. E hoxe comezamos a repartir exemplares! Que teñades unha lectura fecunda e saborosa!
xoves, 19 de febreiro de 2026
mércores, 11 de febreiro de 2026
Día da muller e a nena na ciencia
Cada día mulleres e nenas, nenas e mulleres perseguen os seus soños tamén na ciencia: matemáticas, lingüistas, físicas, médicas, biólogas, historiadoras..., non queda recuncho do saber onde non haxa unha muller. Aquí amosamos algúns exemplos:
sábado, 7 de febreiro de 2026
La mala costumbre
Falarémolo nas casas, nas aulas, nos corredores. Porque a viaxe desta lectura xa comezou o curso pasado coa participación do C.L. de 1º Bach. nas Tertulias do Concello de Ourense, e continúa este ano en Afouteza, e non rematará aquí!
![]() |
| Fabián, Sofía, Carla, Hugo e Kaua nas tertulias de La mala costumbre |
Estamos contra todas as actitudes que nos queren facer seguir un patrón que non nos cadra!
venres, 6 de febreiro de 2026
Radio na Biblio
Este ano iniciámonos na Radio. É un traballo novo para o alumnado e tamén para o profesorado implicado no proxecto. Por iso levamos uns meses preparándonos, informándonos e asesorándonos.
O noso agradecemento á biblioteca José Ángel Valente, Bibliodoce, co seu guía Carlos polos seus consellos derivados do camiño percorrido con Radio Canedo, referente desta actividade e na memoria de Ponte Canedo. A partir de agora seguiremos os seus pasos para a procura da memoria do Posío como porta de entrada (no tempo e no espazo) á cidade de Ourense.
![]() |
| Visita das nosas enviadas especiais a Radio Canedo |
E tamén o noso agradecemento a Sergio Pascual pola súa entrega no obradoiro que impartiu ao noso alumnado e profesorado. Foi moi instrutivo pero tamén ameno e motivador. Conseguiu engaiolar o personal e atoparlle o seu espíritu radiofónico.
Habemus radium e ..... asubiamos!
En breve, o noso propio asubío, que vén de camiño.
mércores, 4 de febreiro de 2026
Premio Begoña Muñoz Saá
Por fin presentamos a lectura dramatizada do I Premio de creación teatral para a mocidade Begoña Muñoz Saá!
Asistiu o autor Carlos Labraña, que quedou abraiado ao escoitar por primeira vez A Entrevista, a obra gañadora da primeira edición deste premio que, ademais de pretender revitalizar o teatro no noso centro, quere traer a escena de novo a Begoña, a profesora, compañeira, amiga que tanto amou o teatro.
Sara Vázquez, Mateo Silva e Diego Mosquera foron os protagonistas desta Entrevista:
domingo, 1 de febreiro de 2026
Chegou a Candeloria!
Mañá celebramos A Candeloria!
Non sentistes cantar os paxariños? Eu si!!!!
Se non sabedes como chían, pasade mañá pola nosa Biblioteca


















