domingo, 13 de outubro de 2024

Día das escritoras

 


As nosas actividades

  • Hora de ler. Sumámonos á proposta da Biblioteca Nacional, A periferia da periferia. Mulleres que miraron o mundo rural. Selección de textos feita polo equipo de biblioteca e o EDLG para lectura en voz alta.
  • Lembranza de mulleres escritoras:





  • A nosa mesa de escritoras na biblioteca




  • O recuncho de Chus Pato, premio Nacional de Poesía 2024






domingo, 6 de outubro de 2024

Convocatorias

 A F.V.R. convoca dous premios: un de ensaio e outro de novela curta.

Animamos os membros do C.L Afouteza a participar!




Teatro!


O alumnado de 3°ESO inaugurou as actividades do curso 24/25 cunha saída ao teatro Principal (inmersión total no tema deste ano das B.E.!).
Asistimos, en sesión escolar, á nova estrea de Sarabela Teatro:



A directora da obra, Fina Calleja, explicou que esta autoprodución de Sarabela Teatro, basada no texto de Nunila López Salamero, “é un conto moderno para nenos e nenas que revisa con humor o papel que desempeñou a muller durante moito tempo. É un alegato que defende a liberdade de ser quen unha queira ser e como unha queira ser”.
Gústamos moito de Sarabela! 

 Imos ter moito teatro!

venres, 4 de outubro de 2024

DEL

 Coma todos os anos celebramos o Día europeo das linguas, en colaboración co EDLG e a Vicedirección.

Cos materiais que descargamos da páxina oficial fixemos actividades nas aulas. E tamén se crearon outras novas. O importante foi que fixemos unha reflexión sobre as linguas e a importancia de mantelas vivas. Todas son importantes.

Aquí tedes parte do traballo do alumnado de 2°ESO co que celebrou a diversidade lingüística 

nas aulas e esta divertida actividade.