En colaboración co EDLG levamos un tempo dando a coñecer á protagonista do Día das Letras galegas 2024, Luísa Villalta. Comezamos amosando a súa obra poética e narrativa, sen esquecer a súa dimensión musical, nun dos recunchos da nosa biblioteca.
Despois presentouse o súper-mural e o concurso sobre a súa vida e obra, e tamén a mesa LUÍSA VILLALTA.
O día 16 foi o día grande. Na biblioteca un bo grupo de voluntarias e voluntarios leron algúns dos seus fermosos poemas coa música interpretada ao violín (instrumento benquerido pola poeta) por Guillerme. Como gozamos!
Remataremos o día 30 de maio coa presenza de Xurxo Souto explicando e reinterpretando o método Luísa Villalta, do que podemos dicir que, el, como docente é o seu mellor herdeiro: non hai poesía sen música! Somos un pobo de artistas!