domingo, 23 de febreiro de 2025

Día de Rosalía

Nos febreiros sempre intensos en efemérides de noso, está unha das nosas preferidas: O DÍA DE ROSALÍA. Unímonos a todas as propostas da @CasaRosalíadeCastro e da @Asociacióndeescritoresenlinguagalega
Durante o LECER DO LUNS NA ENTRADA DO EDIFICIO HISTÓRICO, as nosas ROSALÍAS💜 💜lerán o MANIFESTO deste ano e recitarannos, comeremos CALDO DE GLORIA 🍲, plantaremos PENSAMENTOS 🌸 e escoitaremos a ALBORADA🎶.
Esperamosvos o LUNS!!!

E poñeremos fotos!!!
SOMOS ROSALIAN🌸S


venres, 21 de febreiro de 2025

Día da lingua materna

 Palabras, cancións e cancioneiros, poemas, comunicación... Moitas actividades ao abeiro da celebración do día da lingua materna!









domingo, 16 de febreiro de 2025

A Biblioteca escolar a escena

 Emocionante presentación do I Premio Begoña Muñoz de creación teatral para a mocidade.

Agardamos un feixe de participantes!





xoves, 13 de febreiro de 2025

Afouteza con Iria Collazo

 Marabillosa, emotiva, animada, simpática, seductora.... Así foi a xuntanza coa autora de Os mortos que amei, a lectura do C.L. Afouteza.





xoves, 6 de febreiro de 2025

A Candeloria

 Na catedral do abrente

hoxe cásanse os paxaros

con nubes de neve e ouro

está o ceo galanado 

                (Luis Amado Carballo)


Esta semana voarán os paxariños e o amor (o bo amor) por aulas e corredores do IES Otero Pedrayo!

Xa temos algunhas imaxes, en breve a reportaxe completa!