xoves, 30 de xaneiro de 2025

Día da paz

 

Aínda que PAZ é un termo tan grande que nos abraia, atrevémonos un ano máis a pedir algunhas palabras que, coma un camiño, nos achegasen a ela. 
Sabemos que o importante é facer o camiño, gozalo e aprender del. E se non chegamos ao destino, polo menos quedaremos máis preto.
Grazas polo que escribistes e grazas por esas preciosas paxariñas brancas creación do alumnado de 1º de ESO coa axuda da súa profesora de matemáticas!



domingo, 26 de xaneiro de 2025

Diarios de lectura

Marabillosos traballos os que fixo o alumnado de 1°ESO de LINGUA GALEGA E LITERATURA.
Temos grandes artistas e BOS LECTORES entre nós! Grande aplauso!

Deixamos aquí algunhas fotos. Aquí tedes moitas máis! Pero o mellor é pasar a velos.