luns, 23 de setembro de 2024

Aniversario de Vicente Risco

 




Asistimos á presentación da nova edición do Libro das Horas, no Liceo de Ourense. Magnífica recopilación de artigos de Risco, magnífica presentación.




sábado, 14 de setembro de 2024

El mejor del mundo

 Un pracer ler e escoitar a Juan Tallón. Na presentación do seu último libro estiveron varios membros de Afouteza, o club de lectura no que xa participou o autor ourensán. Acompañado de Diego Ameixeiras deu probas do seu humor, o seu espírito reflexivo, a súa sensibilidade...

En canto repouse da vertixe das presentacións, convidarémolo a unha nova sesión de Afouteza no Otero. Mentres tanto leremos o seu El mejor del mundo




xoves, 12 de setembro de 2024

Voltamos!

 Aquí estamos de novo. Temos un curso cheo de ilusión, con novas en moitos eidos: xente nova no equipo, o teatro como eixo condutor, o cambio de programa de xestión no horizonte...

Moito traballo, moitas ganas.

Acompáñanos!