venres, 24 de xuño de 2022

domingo, 19 de xuño de 2022

RECOMENDACIÓNS DE VERÁN 2

 E hoxe temos as recomendacións de Sara, de 2º de ESO, unha gran lectora que quere compartir os libros que a engaiolaron


RECOMENDACIÓNS DE VERÁN 1

 Iniciamos este capítulo que xa temos fisicamente na sala da biblioteca. 

Iremos publicando as recomendacións que nos foron chegando, en distintos formatos, para distintos niveis, de distintos temas.... recomendacións diversas como diversas somos!

Comezamos cunha recomendación que rompe fronteiras: Artes-Física-Música-Matemáticas-Beleza-Pitágoras.

Para recomendalo, nada mellor que este marabilloso video no que a autora fala de como chegou a onde chegou. 







martes, 14 de xuño de 2022

Club de lectura no IES Doce de outubro

 Hoxe fomos invitadas á última sesión deste club de lectura cunha traxectoria ampla e intensa. Non defraudou. Con Xabier Cid falamos de "deliveiras", "de traballos non monótonos", da falta de mobilidade social, de detalles pequenos, de metáforas, de raposos, de illas, de preguiza, de poesía.

Un libro con moita chicha, un libro moi poético. O seu autor, descúlpase por escribir e promete non volver facelo. Oxalá sexa brincadeira! 


venres, 10 de xuño de 2022

Club de lectura

 Xa estamos a pensar o próximo curso. Entre os novos proxectos están os clubes de lectura: un para o alumnado que leva pouco tempo no centro (1º e 2º da ESO), coa intención de que o club vaia medrando canda as persoas. Outro para persoas adultas: pais e nais, profesorado, outros membros da nosa comunidade. 

Parécenos un bo comezo a lectura deste artigo recentemente publicado sobre os clubes de lectura. E estas palabras parécenos que definen ben o que buscamos:

Un club de lectura é un espazo para escoitar e que te escoiten, para compartir e comprobar como un mesmo texto pode interepretarse de maneiras moi dispares. Un club de lectura é a oportunidade de transcender a, a priori, solitaria acción de ler para convertela no centro dunha actividade colectiva.


Club de lectura coordinado por Irmás Cartoné na libraría Numax © Numax




xoves, 9 de xuño de 2022

Préstamos de verán

 


Ven buscar os teus libros entre os días 13 e 17 de xuño:

 

  • Dous por persoa
  • Devolución ó inicio do curso próximo